Canto de andar (con Andrea Sechi) - Luar Na Lubre&Andrea Sechi

Luar Na Lubre

Andrea Sechi

专辑:《Camiños da fin da terra》

更新时间:2025-03-06 09:38:18

文件格式:mp3

网盘下载

Canto de andar (con Andrea Sechi) - Luar Na Lubre&Andrea Sechi 歌词

Canto de andar(con Andrea Sechi) - Luar Na Lubre/Andrea Sechi

Amence paseniño nas terras do solpor

As brétemas esváense coas raiolas do sol

Meu amor meu amor imos cara o maior

Miña amada meu ben imos polas terras do alén

Acariña o silencio e escoita o corazón

Que moitos dos teus soños latexan ao seu son

Meu amor meu amor imos cara o maior

Miña amada meu ben imos polas terras do alén

É tempo de camiño andar e de non esquecer

Que o futuro que ha de vir é o que has de facer

Meu amor meu amor imos cara o maior

Miña amada meu ben imos polas terras do alén

E o sol vai silandeiro deitándose no mare

Facéndonos pequenos con tanta inmensidade

Meu amor meu amor imos cara o maior

Miña amada meu ben imos polas terras do alén